
Hai anos que temos a biblioteca, e dende hai pouco o centro cívico e a nova praza, pero moitas veces as cousas boas traen tras de sí outras malas, e neste caso parécenos que unha das repercusións das novas infraestructuras do barrio é o problema do aparcamento. Pola mañá, cando a xente vai á praza, ou á biblioteca, ou a facer unha xestión ós ministerios, xa non ten onde deixar o coche, os aparcamentos libres suprimíronse convenientemente, e se consigue un sitio é a costa de un veciño do barrio. Se aquí rematase o problema, sería menos problema, pero a realidade é que a xente non lle ten respecto aos peons de monelos nin de outros barrios, e remata por deixar os coches enriba da acera. A solución non sei cal será, pero Monelos cheira a zona ORA cada vez mais forte.
3 comentarios:
Eu tamén vivo en Monelos e me parece vergonzoso a cantidade de coches que hai todos os días aparcados na acera da Biblioteca,e a cousa e que non escarmentan xa que todos os días ven a grua e lévase tres ou catro.
Eu tamén son de Monelos e paréceme vergonzoso a cantidade de coches que hai aparcados todos os días na acera da Biblioteca, e a verdade non escarmentas xa que diariamente levánse tres ou catro.
sacame de quicio o tema do aparcamento na acera da biblioteca...teño unha nena pekena e cando vamos co carrito temos que dar a volta porque moitas veces os coches estan tan pegados a parede do colexio que non hay por donde pasar.
Donde estan os municipais? A veces danme unhas ganas de chamar a grua!!
Tes toda a razon cheira a ORA, pero o problema vira cando adjudiquen as prazas para residentes teremos que facer turnos para aparcar...
Publicar un comentario