Voltamos despois de moitos días sen escribir, e como non, é polos aparcadoiros. Neste barrio hai moitos vanos e espazos abertos, nada que ver con barrios como os Mallos ou a Falperra que o único que ves dende a túa ventá é a do teu veciño. Pois o dos espazos abertos non se corresponde cos aparcadoiros; pola mañá, se tes que deixar o coche, xa non digo diante da túa casa senón sequera cerca, é misión imposible; as horas do mediodía tes que esperar a que marchen os funcionarios dos Ministerios, e os que estudan na biblioteca, e se cadra algun outro empregado ou empregada da zona.
Hoxe vimos como unha patrulla dos municipais e un guindastre levaban todos os coches aparcados na beirarrúa que está entre a biblioteca e o centro cívico; eu pregúntome porqué chegamos a ter que deixar os coches enrriba da beirarrúa e se non será mellor que os que veñen co seu coche, o deixen na súa casa, e de paso nos deixan espazo os que vivimos aquí.
O que siga este caderno, seguramente pensará que o tema está xa un pouco roído, xa o tratei antes, pero é que o problema é diario.

3 comentarios:
lo que deberian hacer es delimitar las plazas de aparcamiento, a veces donde hay 2 coches aparcados cabrian 3, pero hay gente que se empeña en aparcar mal y parece que el espacio siempre le es poco, deerian pintar las lineas.
Por otro lado decirte que nuestro querido barrio y aparcamiento huele cada vez mas a la ORA, donde estan los tiempos aquellos en lo que siempre habia donde aparcar??
Nuestro barrio esta en progreso pero todo progreso requiere sacrificios y en este caso nos toca a los vecinos...
Querido anónimo dende logo que tes moita razón no de que si todos aparcáramos mellor habería máis sitio para aparcar, pero o fondo da cuestión é que aínda que xuntáramos porta con porta, non habería sitio para todos á hora de comer. Témome que a solución ao problema ten que vir dende María Pita.
Penso ca unica solución é que nos fagan un subterraneo, non todo vai ser para os novos barrios, non é celos , pero Matogrande e os rosais levanse a palma, que si zoa 30 , que si novas instalacións deportivas , etc...Penso que fai falla algo de movemento vecinal, que aqui cada un anda o seu, un saudo a todos. Carlos.
Publicar un comentario